Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

Cirurxía da catarata

A catarata é un proceso polo cal o cristalino, lente transparente que se atopa detrás do sistema óptico do ollo e que permite enfocar obxectos na retina, vai perdendo transparencia e cambiando a súa cor. Cada vez se volve máis opaco impedindo polo tanto o fluxo de luz, polo que as imaxes vense cada vez máis borrosas, podendo a persoa que a padece chegar a perder a visión.

A causa máis frecuente é a idade e o deterioro das proteínas do cristalino, sobre todo a partir dos 50 anos, pero tamén pode deberse a outras circunstancias metabólicas, unha lesión hereditaria ou a outra enfermidade secundaria.

Os síntomas principais que se asocian ás cataratas soen ser visión borrosa, cegamento en situacións de exposición á luz importante e cambios na gradación das gafas.

Tratamento
A única solución na actualidade é a extracción cirúrxica mediante unha operación segura e cómoda. É fundamental a detección precoz, sen deixar que a catarata se desenvolva en exceso, para minimizar os riscos da cirurxía.

A técnica máis axeitada é a facoemulsificación por ultrasón, que consiste na disolución e aspiración do núcleo do cristalino mediante ultrasóns. Posteriormente o cristalino será substituído por unha lente intraocular monofocal (hipervínculo) ou unha lente intraocular trifocal. (hipervínculo).

A intervención é indolora e realízase baixo anestesia tópica (gotas) nun breve espazo de tempo e sen necesidade de ingreso hospitalario.