Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

Refrativa

A cirurxía refractiva comprende os procedementos cuxa finalidade é eliminar os defectos oculares como a miopía, a hipermetropía e o astigmatismo mediante láser, para modelar as capas máis externas da córnea e lograr que o punto focal dos raios de luz que chegan ao ollo se atope na mesma retina, nin antes nin despois.

Tratamento
Os métodos iniciais quitaban a capa protectora máis externa (epitelio) da córnea, antes de iniciar a cirurxía con láser. As consecuencias eran un longo período postoperatorio e unha moi lenta recuperación da agudeza visual. Como consecuencia desenvolvéronse técnicas cirúrxicas con láser que implicaban a realización dun corte na córnea. Actualmente existe outra técnica, ReLEx smile, que, a diferencia das técnicas más antigas, non necesita retirar ningunha lámina corneal. No hai corte da devandita lámina, a incisión redúcese ao mínimo e as láminas corneais máis externas permanecen intactas.