Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

O oftalmólogo responde… sobre CIRURXÍA REFRACTIVA

  • ¿Quen pode operarse de cirurxía refractiva?

    Calquera persoa que padeza un defecto refractivo (miopía, hipermetropía ou astigmatismo) que desexe prescindir do uso de gafas e lentes de contacto, sempre e cando o seu sistema visual cumpra unhas determinadas características e uns criterios de seguridade.

    • O paciente debe someterse a un completo estudo por parte do oftalmólogo e cumprir os seguintes requisitos:
    • Ter máis de 18 anos.
    • Manter estable o seu defecto refractivo.
    • Ter unha boa saúde ocular.
  • ¿Podo operarme se teño ollo seco?

    Trala cirurxía refractiva con PRK ou Femtolasik é normal que se produza un aumento da sequidade ocular de xeito temporal durante uns meses. Isto é máis frecuente en mulleres e persoas que xa tivesen previamente ollo seco. Coa técnica Relex Smile respéctase o plexo nervioso corneal superficial diminuíndo de xeito significativo os síntomas e a súa duración.
  • ¿Podo levar lentes de contacto antes do exame preoperatorio?

    As lentes de contacto brandas non deben ser utilizadas 1 semana antes do exame preparatorio e no caso de lentes de contacto duras debe suspenderse o seu uso durante dúas semanas.
  • ¿Canto dura a intervención?

    A intervención realízase sen ingreso hospitalario, é dicir, de xeito ambulatorio e en poucos minutos. A recuperación é moi rápida e non é dolorosa. A estancia na clínica é durante un par de horas e logo é dado de alta cunha visión inmediata aceptable. A maioría dos pacientes se reincorporan á súa vida cotiá ás 24 horas da intervención, aínda que deben someterse a unha serie de revisións periódicas co fin de supervisar a evolución da operación.
  • ¿Canto tempo debo estar de baixa laboral?

    A recuperación visual depende da técnica utilizada. A maioría dos pacientes operados con Femtolasik ou ReLex Smile ve moi ben ao día seguinte da intervención, e os operados con PRK poden tardar uns días en empezar a ver moi ben. Vostede debería descansar durante unha semana para extremar os coidados dos seus ollos. Moitos pacientes poden incorporarse aos seus traballos en tres ou catro días.
  • ¿Podo operarme dos dous ollos ao mesmo tempo?

    Xeralmente se realiza a intervención de cirurxía refractiva nos dous ollos o mesmo día, un a continuación do outro. Por suposto se utiliza un set de instrumentos estériles para cada ollo. Isto é mas conveniente por reducir o tempo de recuperación sen incrementar os riscos ou complicacións. Porén se vostede o solicita pode operarse cada ollo en días diferentes.
  • ¿Cuanto tempo dura o efecto da operación?

    Os estudos científicos e a nosa experiencia demostran que os resultados obtidos aos tres meses permanecen estables.
  • En caso de operar os ollos en días diferentes ¿como debo proceder?

    Xeralmente a cirurxía refractiva realízase en ambos ollos o mesmo día, pero no caso de que as cirurxías se realicen en días diferentes ou un dos ollos se opere con outro procedemento como lente intraocular recomendámoslle o seguinte:

    • Se usa lentes de contacto vostede pode programar sen problemas o tempo entre intervencións ao poder continuar usando a lente de contacto no ollo non operado. Porén esta debería retirarse unha semana antes do segundo procedemento.
    • Se usa gafas, as súas opcións redúcense a deixar o ollo non operado sen corrección ou seguir usando as súas gafas despois da primeira cirurxía, o que creará unha imaxe desenfocada no ollo operado.
  • ¿Cantas revisións postoperatorias necesitarei?

    A primeira visita postoperatoria na clínica será ao día seguinte. As seguintes revisións serán á semana, ao mes e aos tres meses, ademais das que se consideraran necesarias para un correcto seguimento segundo a súa evolución. É moi importante que acuda a todas as visitas postoperatorias para asegurar un correcto resultado coa cirurxía.
  • ¿En que consiste o tratamento postoperatorio?

    É necesario poñer gotas no ollo durante un período de tempo (antiinflamatorios e antibióticos). É fundamental seguir as instrucións que se lle dean trala cirurxía, poñer o tratamento pautado e acudir ás revisións postoperatorias. Se ocorre algún problema debería contactar co seu oftalmólogo decontado.
  • ¿Cales son os riscos da cirurxía refractiva?

    Coa tecnoloxía actual, os riscos de complicacións serias son extremadamente baixos, menos dun 1 %, pero non poden ser excluídos completamente. Durante a consulta preparatoria o oftalmólogo informaralle do seu risco individual.
    Para que os riscos sexan os mínimos posibles o procedemento debe ser realizado por un oftalmólogo con experiencia. O paciente debe cooperar durante a cirurxía e seguir as pautas de tratamento postoperatorias.
  • ¿Que podo facer para mellorar os resultados da miña cirurxía refractiva?

    • Non fregar os ollos os primeiros días trala cirurxía.
    • Seguir o tratamento pautado polo oftalmólogo aínda que se atope sen molestias e con boa visión.
    • Use o tratamento só polo tempo especificado polo seu oftalmólogo. Un tempo de aplicación excesivo pode ser prexudicial para os seus ollos.
    • Acuda ás revisións postoperatorias e consulte calquera dúbida que poida ter.
    • Contacte urxentemente co seu oftalmólogo se nota unha dor importante ou unha brusca redución da súa visión.
  • ¿Que actividades debería evitar trala cirurxía?

    Debido á natureza minimamente invasora destes procedementos, pode reincorporarse ás súas actividades habituais decontado, se ben deben evitarse os ambientes con po ou solucionados, así como o uso de saunas e piscinas durante os primeiros días.
  • ¿Cando poderei conducir de novo trala cirurxía?

     Tan pronto como recupere unha visión suficiente nos ollos operados. En moitos casos, iso soe ser ao día seguinte da cirurxía.
  • Despois da cirurxía poderei volver usar gafas ou lentes de contacto?

    Si. Despois de todos os procedementos de cirurxía refractiva, tanto as gafas como as lentes de contacto poden ser usadas para corrixir defectos refractivos residuais. Porén debido ao cambio da forma na cornea, en ocasións a adaptación de lentes de contacto pode ser máis difícil e poden ser peor toleradas.