Lentes intraoculares

Dependendo do diagnóstico de cada paciente, implantaráselle a lente intraocular que lle permita obter a mellor visión.

  • Fáquica

    Esta técnica intraocular supón a implantación dunha lente dentro do ollo a través dunha microincisión, sen necesidade de extraer o cristalino. A lente Visian ICL (Implantable Collamer Lens) é unha lente intraocular que vai situada na cámara posterior do ollo, entre o iris e o cristalino. Implántase no sulcus e está deseñada para non danar as outras estruturas oculares. É unha solución duradeira para a corrección da miopía que ofrece unha excelente calidade de visión. Esta lente implántase a través dunha pequena incisión e unha vez que se desprega dentro do ollo colócase por detrás do iris e por diante do cristalino. A lente ICL é practicamente invisible para o paciente e para o observador e en caso de ser necesario pode ser extraída ou substituída se o defecto refractivo se modifica. Debido a que a lente se implanta dentro do ollo, o procedemento realízase nunha sala cirúrxica estéril con anestesia tópica (con gotas) de xeito ambulatorio e dura aproximadamente uns 15 minutos. Cada ollo opérase por separado e o segundo ollo xeralmente se intervén ao cabo dunha semana.

    Vantaxes da lente fáquica Visian ICL:

    • Calidade de visión: Esta lente non só mellora a agudeza visual senón que é dunha calidade excelente.
    • Biocompatibilidade: O material co que está fabricada a Visian ICL (o colámero) é un copolímero de coláxeno puro 100 % e o sistema inmunolóxico non o considera como un corpo estraño.
    • Versatilidade: Esta lente ofrece un intervalo moi amplo para corrixir desde a miopía baixa ata a miopía elevada. A moitos pacientes que non poden ser intervidos con láser pódeselles implantar a lente Visian ICL.
    • Simplicidade: Ao contrario que coas lentes de contacto tradicionais, unha vez implantada a ICL non require outros coidados aínda que se recomendan revisións anuais.
    • Lugar de Implantación: Fai que a lente sexa invisible para o paciente ou calquera observador.
    • Procedemento reversible: A lente Visian ICL esta deseñada para permanecer no ollo pero pode ser extraída se o defecto refractivo cambia ou se por outro motivo necesita ser extraída ou substituída.
  • Pseudofáquica

     Implántanse trala extracción do cristalino. Xeralmente se implantan en persoas que teñen opacificación ou esclerose da lente natural ou cristalino.

    • Lente intraocular monofocal: proporciona unha excelente calidade de visión “de lonxe”, pero non pode ofrecer unha boa visión “de preto” ou a media distancia, polo que haberá que empregar gafas para estas distancias. Unha especialidade son as lentes monofocais tóricas, especialmente deseñadas para diminuír o astigmatismo. Alcanzarase unha visión óptima “de lonxe” pero será necesario empregar gafas para a visión próxima.
    • Lente intraocular trifocal: permite unha boa visión de lonxe, intermedia e próxima, evitando así o uso de gafas. Grazas á revolucionaria lente intraocular AT Lisa Tri de Carl Zeiss corríxese a presbicia en pacientes con e sen cataratas, obténdose unha mellor visión intermedia, cunha menor cantidade de halos e cegamento, minimizando as aberracións que ata agora nos daban outras lentes trifocais. As lentes trifocais poden ser tamén tóricas, proporcionando unha excelente visión tanto distante como próxima. Están indicadas para pacientes con astigmatismo.