Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

PRK

PRK consiste en realizar un tratamento con láser directamente sobre a superficie da córnea. Indicada en pacientes con hábito de fregarse os ollos ou con hobbies ou profesións de risco.

A cirurxía PRK consiste en quitar manualmente unha fina capa da superficie da córnea (o epitelio) que logo se rexenera durante o postoperatorio. Unha vez extraído o epitelio, o láser excimer actúa no tecido corneal do mesmo xeito que o fai coas outras técnicas, remodelando a súa forma e cambiando a súa curvatura. A este procedemento chámaselle tamén “tratamento de superficie”.

O tempo de recuperación é máis longo que con outros procedementos pero pode ser unha boa opción para os pacientes que teñan córneas moi finas.

Ao finalizar este procedemento, o paciente debe levar unha lente de contacto terapéutica durante un tempo para axudar á cicatrización e rexeneración do tecido epitelial.

Os efectos secundarios como por exemplo o ollo seco despois de PRK son frecuentes pero menos duradeiros que despois de LASIK.