Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

A córnea

A córnea é a capa máis externa do ollo que permite o paso da luz desde o exterior ata o interior do ollo e protexe o iris e o cristalino. Posúe propiedades ópticas de refracción e para cumprir a súa función debe ser transparente e manter unha curvatura adecuada. Existen múltiples enfermidades (infeccións, enfermidades da córnea hereditarias, queratocono, traumatismos…) que poden alterar estas propiedades e provocar unha visión desenfocada que non é posible corrixir con gafas ou lentes de contacto.

O transplante de córnea é o tratamento definitivo para as enfermidades da córnea que provocaron un deterioro visual irreversible que non pode ser corrixido con outros procedementos. En principio, calquera persoa pode someterse a un transplante de córnea. É una cirurxía común e con bos resultados.

O transplante de córnea consiste na substitución da parte central da estrutura danada pola córnea dun doador procedente dun banco de ollos, onde se realiza un estudo previo sobre a idoneidade deste tecido antes da súa implantación.

Entre as enfermidades máis comúns da córnea son
pterigiumqueratocono y ojo seco