Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

Pterigium

É un crecemento anormal da conxuntiva sobre a córnea. Ocorre máis frecuentemente sobre o lado nasal, pero pode ocorrer tamén no lado externo do ollo.
O principal factor de risco para desenvolver un pterigión é a exposición solar e a sequidade, por isto ocorre na zona interpalpebral. As persoas que traballan ao aire libre son as máis frecuentemente afectadas.
O pterigion preséntase como unha zona elevada abrancazada na conxuntiva e que avanza sobre a córnea. É indoloro e os síntomas dependen principalmente do tamaño da lesión, que frecuentemente se irrita e se arroiba. Os máis pequenos poden ser asintomáticos e de carácter atrófico, pero a medida que crecen poden xerar molestias na superficie do ollo como: ollo vermello, lagrimexo, sensación de corpo estraño.
En casos moi severos pode chegar a comprometerse a visión ao xerarse astigmatismo e ao recubrir áreas maiores da córnea.

Tratamento

A principal medida preventiva é usar gafas con filtro ultravioleta en períodos de exposición prolongada e o uso de colirios lubricantes para evitar a sequidade. As lesións pequenas en xeral non requiren tratamento e son manexadas unicamente con lágrimas artificiais. Os casos máis avanzados trátanse mediante extirpación cirúrxica e autotransplante de conxuntiva.