Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

Ambliopía ou ollo vago

A ambliopía ou ollo vago consiste nunha diminución da visión debido a que non se desenvolveu o potencial visual completo durante a infancia. Este problema afecta aproximadamente a un 4 % da poboación. As causas son múltiples: na maioría dos casos existe un defecto de refracción asimétrico (miopía, astigmatismo ou hipermetropía), ptose (pálpebra caída), cataratas conxénitas, estrabismos, etc.

O tratamento consiste en actuar sobre a causa que o produce e en tapar o ollo bo para forzar ao neno a utilizar o ollo vago. Se o tratamento se demora mas aló dos 10 anos, a recuperación non é posible.