Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

Miopía, la hipermetropía e astigmatismo

  • A Miopía

    É un defecto da refracción ocular que se manifesta principalmente na visión de lonxe. O paciente percibe borrosos os obxectos distantes debido a que os raios luminosos que forman a imaxe se enfocan diante da retina. Isto pode deberse a un aumento do poder de converxencia da cornea ou do cristalino, noutros casos porque o ollo é más longo do normal. Esta alteración visual desenvólvese xeralmente na infancia e varía co paso do tempo, producíndose cambios na gradación. A miopía tende a estabilizarse a partir dos 18 anos aínda que hai variacións entre persoas. A cirurxía da miopía debe realizarse cando o defecto refractivo esta estabilizado, xeralmente a partir dos 20 anos.

    A miopía pode ser tratada mediante gafas ou lentes de contacto. Tamén pode tratarse empregando diferentes técnicas cirúrxicas (PRK, LASIK, RELEX SMILE, implantación dunha lente intraocular…) en función das características propias de cada paciente. O oftalmólogo, despois de facer un estudo completo, determina que tipo de operación é a máis axeitada para cada caso.

  • A Hipermetropía

    É un defecto da refracción ocular que se manifesta principalmente na visión próxima, aínda que na idade adulta tamén poden ver mal de lonxe. O paciente percibe borrosos os obxectos próximos debido a que os raios luminosos que forman a imaxe se enfocan detrás da retina. Isto pode deberse a un baixo poder de converxencia da cornea ou do cristalino, noutros casos porque o ollo é más curto do normal. Esta alteración visual afecta á maior parte dos neonatos, pero durante o período de crecemento tende a corrixirse. Cando o problema persiste, pode ocasionar cansazo visual e ollo vago. A hipermetropía pode tratarse con gafas ou lentes de contacto, e tamén pode operarse mediante cirurxía láser a partir dos 18 anos.

    Os oftalmólogos empregan diferentes técnicas cirúrxicas para tratar a hipermetropía (PRK, LASIK, implantación dunha lente intraocular…). O oftalmólogo, despois de facer un estudo completo, determina que tipo de operación é a máis axeitada para cada caso.

  • O Astigmatismo

    O astigmatismo é un defecto da refracción ocular que se manifesta tanto na visión de lonxe como na de preto debido a que a cornea presenta unha curvatura diferente nos seus distintos eixos. A imaxe enfócase en máis dun punto da retina e provoca unha visión borrosa e con distorsión. Este trastorno pode deberse a distintas causas, aínda que soe estar determinado pola xenética, e tamén pode deberse a traumatismos ou intervencións cirúrxicas. Existen varios tipos de astigmatismo: simple (afecta a un só eixo), composto (miópico ou hipermetrópico) e mixto (un eixo miope e o outro hipermetrope). É importante descartar casos de astigmatismo irregular, como no queratocono, porque son unha contraindicación para a cirurxía con láser.

    Os oftalmólogos empregan diferentes técnicas cirúrxicas para tratar o astigmatismo (PRK, LASIK,RELEX SMILE, implantación dunha lente intraocular…). O oftalmólogo, despois de facer un estudo completo, determina que tipo de operación é a máis adecuada para cada caso.