Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

Dexeneración Macular asociada á idade (DMAE)

É unha das principais causas de perda de visión a partir dos 50 anos e a súa incidencia aumenta coa idade. Trátase dun proceso derivado do envellecemento progresivo das células que nutren á retina. É unha das principais causas de cegueira no mundo. Por iso a detección precoz é fundamental.
Grazas á proba de tomografía pódese diagnosticar esta patoloxía con maior rapidez e eficacia para iniciar os tratamentos necesarios.

Descríbense 2 tipos de DMAE: a atrófica ou seca e a exudativa ou húmida.

  • A DMAE seca é a forma máis frecuente da enfermidade. A progresión é lenta (anos) e a perda da visión total pode levar ata décadas. Caracterízase pola atrofia de parte dos tecidos da mácula, provocando que a visión central se reduza.
  • A DMAE húmida é unha forma menos frecuente. Avanza de xeito máis rápido (meses) e fórmanse vasos sanguíneos anormais por debaixo da retina, os cales posúen paredes moi fráxiles, deixando escapar líquido e impedindo deste xeito o seu funcionamento normal. Isto provoca que vexamos liñas onduladas que poden evolucionar a puntos cegos ou outras alteracións visuais.

Tratamento
O principal tratamento para a dexeneración macular asociada á idade consiste na inxección dos chamados antianxioxénicos, que son fármacos que impiden o crecemento dos vasos sanguíneos anómalos debaixo da retina e inducen a súa desaparición.