Póñase en contacto connosco: 986 44 99 20

Retinopatía diabética

É debida a altas cifras de glucosa en sangue, provocando no ollo danos nos vasos retinianos de pequeno calibre, aumentando a súa permeabilidade.

Tratamento
Un control periódico é o mellor tratamento nos casos nos que o paciente leve un control estrito dos niveis de glucosa. Se estes niveis non se poden controlar hai que acudir a:

  • Tratamento Láser ou fotocoagulación retiniana. Ao aplicalo selectivamente nos vasos sanguíneos que provocan fugas, pode reducir o edema macular.
  • Inxeccións intraocularess. Nalgúns pacientes pode ser necesario utilizar certos medicamentos (esteroides, antianxioxénicos) e inxectalos no ollo, tanto para reducir o edema macular como para deter o crecemento de vasos sanguíneos anormais.
  • Cirurxía. A cirurxía endocular comprende unha serie de procedementos cirúrxicos -entre eles la vitrectomía-, que están indicados nalgúns casos de retinopatía diabética proliferativa avanzada. Mediante a vitrectomía pódense extraer as hemorraxias vítreas, as proliferacións fibrosas dos neovasos e tratar os máis complexos casos de desprendemento de retina.