O Oftalmólogo responde… sobre ReLEx smile
-
¿Que é ReLEx Smile?
É unha modalidade nova e revolucionaria de tratamento con láser para os defectos refractivos (miopía e astigmatismo). As vantaxes desta técnica son a precisión, seguridade e rápida recuperación visual xa que se realiza unha microincisión de 2 milímetros. A técnica usa un láser de femtosegundos de alta precisión para crear unha pequena lente (lentículo) dentro da córnea intacta, cuxo volume e forma determínase polo defecto visual que hai que corrixir. O lentículo retírase desde o interior da córnea cun procedemento minimamente invasor, a través dunha microincisión de 2 milímetros que permite unha rápida recuperación visual. -
¿Quen non debe operarse de ReLEx Smile?
Independentemente do tipo e severidade do defecto refractivo, cada paciente debe reunir unha serie de condicións ou criterios co fin de asegurar o éxito da cirurxía.
Os nenos e as persoas de menos de 18 anos non deberían ser operados con cirurxía láser, sendo máis recomendable a partir dos 21 anos. O error refractivo debe ser estable antes da cirurxía polo menos o ano previo.
Enfermidades oculares como a catarata e o glaucoma poden contraindicar a cirurxía e é necesario que sexan avaliadas polo oftalmólogo.
Algunhas enfermidades xerais e algunhas medicacións poden ter unha influencia
no proceso de curación da córnea e polo tanto poden contraindicar a cirurxía. Durante o embarazo e a lactación non se recomenda o tratamento con láser. Se vostede sufre de alerxias, a cirurxía debería ser planificada nunha época libre de alerxias.¿Podo operarme con Relex Smile se teño ollo seco?
Coa técnica Relex Smile respéctase o plexo nervioso corneal superficial diminuíndo de xeito significativo os síntomas de ollo seco e a súa duración a diferencia da
cirurxía de PRK ou Femtolasik, coas que é normal que se produza un aumento da sequidade ocular de xeito temporal durante uns meses. -
¿Cales son os riscos da cirurxía de ReLEx Smile?
Coa tecnoloxía actual, os riscos de complicacións serias son extremadamente baixos, menos dun 1 %, pero non poden ser excluídos completamente. Durante a consulta preparatoria o oftalmólogo informaralle do seu risco individual.
Para que os riscos sexan os mínimos posibles o procedemento debe ser realizado por un oftalmólogo con experiencia. O paciente debe cooperar durante a cirurxía e seguir as pautas de tratamento postoperatorias. -
¿Existen estudios a longo prazo con ReLEx Smile?
Os fundamentos da cirurxía refractiva actual remóntanse a uns 40 anos. O procedemento de PRK (queratectomía fotorrefractiva ou ablación de superficie) realizouse por primeira vez en 1989, hai máis de 25 años. Hoxe en día esta cientificamente aceptado e aprobado en oftalmoloxía. A técnica ReLEx Smile leva executándose en estudos clínicos controlados desde o ano 2006. Os primeiros pacientes foron monitorizados durante máis de 5 años. A técnica Smile está a practicarse en países de todo o mundo e nas principais clínicas de Europa. -
¿A enerxía infravermella do láser de femtosegundos pode danar o ollo?
Debido ao tempo ultracurto do láser de femtosegundos (10-15 s) precísase moi pouca enerxía para a fotodisrrupción (efecto de corte do láser). O tempo de exposición é tan curto e o láser é tan preciso que o tecido veciño a uns poucos micrómetros non se afecta en absoluto. -
¿Fotosensibilidade e cegamento despois de ReLEx Smile?
O cegamento pode estar influenciado polo diámetro das pupilas na escuridade. Os pacientes con pupilas moi grandes poden experimentar unha maior fotosensibilidade e cegamento. No exame preoperatorio as súas pupilas serán medidas en varias condicións de iluminación. Se as súas pupilas son demasiado grandes podemos optar por aumentar a zona de óptica de tratamento ou desaconsellar a cirurxía. -
¿Podo levar lentes de contacto antes do exame preoperatorio?
As lentes de contacto brandas non deben ser utilizadas 1 semana antes do exame preparatorio e no caso de lentes de contacto duras debe interromperse o uso durante dúas semanas. -
¿Canto tempo debo estar de baixa laboral?
Vostede debería descansar durante unha semana para extremar os coidados dos seus ollos. A súa visión pode tardar uns días en recuperarse dabondo. Moitos pacientes poden incorporarse aos seus traballos nunha semana ou dez días. -
¿Vou ter dor durante o procedemento con ReLEx Smile?
Antes da cirurxía administraráselle un tranquilizante suave e un analxésico. Os seus ollos serán anestesiados con gotas de colirio, sen necesidade de inxeccións. A cirurxía láser é indolora. Despois da intervención pode ter sensación de corpo estraño, comechón nos ollos e lagrimexo. -
¿Canto tempo dura a intervención?
A cirurxía en si mesma só dura uns poucos minutos. Porén debido a que os seus ollos serán examinados antes e despois da cirurxía a súa estancia na clínica será entre 1 ou 2 horas. -
¿Podo operarme dos dous ollos ao mesmo tempo?
Xeralmente realízase a intervención de ReLEx Smile nos dous ollos o mesmo día, un a continuación do outro. Por suposto se utiliza un set de instrumentos estériles para cada ollo. Isto é máis conveniente por reducir o tempo de recuperación sen incrementar os riscos ou complicacións. Porén se vostede o require pode operarse cada ollo en días diferentes. -
¿Canto tempo dura o efecto da operación?
Os estudos científicos e a nosa experiencia demostran que os resultados obtidos aos tres meses permanecen estables. -
En caso de operar os ollos en días diferentes, ¿como debo proceder?
Xeralmente ReLEx Smile realízase en ambos ollos o mesmo día. Pero no caso de que as cirurxías se realicen en días diferentes ou un dos ollos se opere con outro procedemento como lente intraocular, recomendámoslle o seguinte:- Se usa lentes de contacto vostede pode programar sen problemas o tempo entre intervencións ao poder continuar usando a lente de contacto no ollo non operado. Porén esta debería retirarse unha semana antes do segundo procedemento.
- Se usa gafas, as súas opcións redúcense a deixar o ollo non operado sen corrección ou seguir usando as súas gafas despois da primeira cirurxía. Isto creará unha imaxe desenfocada no ollo operado.
-
¿Cantas revisións postoperatorias necesitarei?
A primeira visita postoperatoria na clínica será ao día seguinte. As seguintes revisións serán á semana, ao mes e aos tres meses, ademais das que se consideraran necesarias para un correcto seguimento segundo a súa evolución. É moi importante que acuda a todas as visitas postoperatorias para asegurar un correcto resultado da cirurxía. -
¿En que consiste o tratamento postoperatorio?
É necesario poñer gotas no ollo durante un período de tempo (antiinflamatorios e antibióticos). É fundamental seguir as instrucións que se lle dean trala cirurxía, poñer o tratamento pautado e acudir ás revisións postoperatorias. Se ocorre algún problema debería contactar inmediatamente co seu oftalmólogo. -
¿Que podo facer para mellorar os resultados da miña cirurxía con ReLEx Smile?
- Non fregar os ollos os primeiros días trala cirurxía.
- Seguir o tratamento pautado polo oftalmólogo aínda que se atope sen molestias e con boa visión.
- Usar o tratamento só polo tempo especificado polo seu oftalmólogo. Un tempo de aplicación excesivo pode ser prexudicial para os seus ollos.
- Acuda ás revisións postoperatorias e consulte calquera dúbida que poida ter.
- Contacte urxentemente co seu oftalmólogo se nota unha dor importante ou una brusca redución da súa visión.
-
¿Que actividades debería evitar trala cirurxía?
Debido á natureza minimamente invasora deste procedemento pode reincorporarse ás súas actividades habituais decontado, se ben deben evitarse os ambientes con po ou contaminados, así como o uso de piscinas durante os primeiros días. -
¿Cando poderei conducir de novo trala cirurxía?
Tan pronto como recupere unha visión suficiente nos ollos operados. No caso de ReLEx Smile iso soe ser ao día seguinte da cirurxía. -
Despois da cirurxía poderei volver usar gafas ou lentes de contacto?
Si. Despois de todos os procedementos de cirurxía refractiva, tanto as gafas como as lentes de contacto poden ser usadas para corrixir defectos refractivos residuais. Porén debido ao cambio da forma na cornea, en ocasións a adaptación de lentes de contacto pode ser más difícil e poden ser peor toleradas.