O centro está liderado por un dos oftalmólogos máis recoñecidos a nivel nacional, o Dr. Cadarso, xefe de Servizo do Hospital Meixoeiro e especialista en Cirurxía Refractiva da Catarata e o Glaucoma. Ademais, conta no seu equipo coa Dra. Pita, experta en Oftalmoloxía Infantil e a Dra. Piñeiro, que dirixe a área de Oftalmoloxía Xeral e Retina xunto ao Dr. Moreno. Un equipo multidisciplinar especializado en cada unha das áreas máis demandas en oftalmoloxía.
Na área asistencial, o centro conta cun equipo conformado por optometristas, auxiliares e asistentes ao paciente. Clínica Cadarso caracterízase pola súa firme aposta pola I+D, ademais de pola formación que ofrece ao seu equipo profesional, no que se basea o éxito e a reputación do centro.